A noite de San Xoán é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e
costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada,
era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con
obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.
Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis
ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións
prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de
translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita
observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume.
0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño ,
fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de
entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio
"hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai
"increscendo" ata repeti-lo ciclo .
O ANIMISMO.-
De non perderse unha grande parte da tradición, os elementos esotéricos
utilizados para transmiti-las propiedades, atribuidas ós espíritus desta
relixión, serían imnumerables. De tódolos xeitos, habería que agrupalos, ben por
unha casuística común ou dentro dunha simboloxía moi significativa. Destes, os
principáis serían:
A AUGA.-
Elemento de gran limpeza que segundo o seu estado pódenos liberar das
enfermidades cutáneas (orballos); dos malos espíritus (auga bendita), e incluso
posue poderes fecundativos (auga mariña). Só hai un tipo de auga refuxada e que
o saber popular soubo refranar perfectamente ó dicir: "A chuva de San Xoán,
tolle o viño e non colle pan".
O LUME.-
E outro dos elementos purificadores que queima as impurezas e as malas herbas. 0
resplandor das labaradas no seo da noite, descobre os diaños ocultos na
escuridade. A calor desprendida das lumaradas semella recualos ate facelos
fuxir.
AS HERBAS.-
Popularmente ben coñecidas polas súas propiedades curativas, mediciñais,
purgativas e mesmamente perigosas. A ciencia popular soubo identificar moi ben
aquelas nas que as divinídades transmitían os atributos milagreiros,
otorgándolle a cada pranta ou herba unha finalidade concreta e diferente.
Hoxe as investigacións no laboratorio relegaron o uso das prantas ó consumo de
productos dietécticos; pero será a propia investigación quen logrará, nun futuro
non moi lonxano, o verdadeiro valor centífico e medicinal das mesmas.
OS PENEDOS, ENCRUCILLADAS, LAGOAS, CASTROS E OUTEIROS.-
Non son máis que lugares de culto, que a cristianización transformou en altares
e cruceiros. Nestes sítios manífestábanse fisicamente os mutados en fadas,
bruxas, diaños, cobras, santa compaha etc. etc. Aparecian en días tan sínalados
como o San Xoán ou Noiteboa para face-los conxuros e feitizos. 0 mortal que
conseguira miralos arriscábase a todo. Desde enriquecerse, na maioria dos casos,
de acadar co desfeitizo, ata desaparecer ou morrer se non o lograba.
A ETNOGRAFIA LOCAL.
0 descoñecemento, nas culturas pasadas, da mecánica do sistema solar, fixo
imaxinar unha mitoloxía "anímica" para propio convencemento. Nela, as
divinidades expresaban a súa vontade por medo de seres e accidentes xeográficos,
tales como animais,fontes, lagoas, árbores, penedos, outeiros etc.
Restos desa creación animada ainda peduran entre nós e pódense atopar nas
festas, supersticións, lendas, contos e demáis folclore. Sen embargo, estes
vestixios perderon toda a connotación ancestral, e os máxicos poderes de
fecundación, sexuais, curativos e espirituais fican relegados a escasos sectores
do pobo.
Moaña conta cunha riqueza de lendas que falan de mouras, vellas ou fadas que
saen na noite de San Xoán ás beiras das pozas e rios. Pousan enriba dos penedos
ou perto das ermidas.
Mentres esperan a alguén que poda desencantalas alisan os longos cabelos
dourados cun pente de ouro. Estes míticos persoaxes adoitaban relucir mantas
cheas de ouro, moedas e xoias ben espalladas a fin de seren asolladas coa
chegada do mencer. Hai etnógrafos que coidan ver nestas lendas certos atributos
relacionados coa inmortalidade ou mesmamente coa resurreción. Lendas con estas
propiedades téñense recollido nos lugares de A Meixoada, Os Remedios, Caiagua,
Poza da Moura, Gagán e Paralaia.
Hai outras que falan de desfeitizos : aquel que lograra desencantar a unha
moura xeralmente sería gratificado con importantes cantidades de ouro. Estas
connotacións de deusa "Fortuna" podían aparecer en diferentes formas, tales
como: Coller a galiña dos pitos de ouro, en Couso (Meira); atopar o tesouro que
gardaban as fadas na Torre de Meira ; ou mirar un piñeiro convertido en ouro no
Torreiro de Brouilón.
Ademáis destes legados orais, cabe suliñar un referenciadó no monte de Os Remedios
que está directamente vencellado á noite que nos ocupa, e di así: "Cando aparece
a cobra na noite de San Xoán, deseguido saen as bruxas que brincan ó redor da
ermida, para desaparecer coa chegada do mencer". Evidénciase neste relato todo
un aquelarre coa única variante de sustitui-lo macho cabrón pola cobra.
Lembrar que a serpe é un animal telúrico, enteiramente ligado à muller e todo o
feminino: sensualidade, fertilidade etc. Goza da peculiar dualidade de poder ser
un becho tanto beneficioso como perigoso.
CARREXA-LA BROZA.-
A preparación da fogueira faise con antelación de varios días e ás veces ata un
mes. Realmente a animosidade empeza cos primeiros dias calurosos do maio "tolo"
e é cando os máis cativos desprazanse ós montes, carreiros, tomadas, beiradas e
testeiras das veigas. Van provistos de cordas, fouces, gallas e outros úteis
para roza-las silveiras,toxos, herbas e, cortar leña de ponlas e arbustos.
A broza amontóase enriba dos ramalios de castiñeiros, alcolitos ou xestas
previamente cortadas. Cando se xunta un bo feixe, parte dos rapaces e rapazas
fan a viaxe acarrexando a broza ó lugar onde se fará a fogueira.
Mentres uns portaban por adiante facendo firme nas cordas e troncos outros, coas
gallas, axudaban por atrás. Máis que empurrar, impedían que a maleza se ciscara.
En certos lugares de Meira, chegou a darse a peculiaridade de preferir
transporta-la leña en chalanas desde o Cocho, antes de rozalas nas Raiñas, por
medo ós gardiáns.
A medida que se achegaban as vísperas, entraban en xogo a mocedade e mailos
maiores. A estas alturas a broza acumulada requeria unha vixianza estricta por
temor a que os rivais doutras fogueiras lle prenderan lume antes do dia
sinalado. Sen dúbida era unha reminiscencia das rivalidades tribais. !E probe
daquel que cacharan intentando prenderlle lume!. ¡Menuda tunda levaba!
A FOGUEIRA.-
A fogueira de San Xoán, e por extensión a de San Pedro, costume esta última
cáseque extinguida, simbolizan o astro solar. Os curros de nonos e nonas
cantando e choutando à seu redor, semellan unha inmolación.
En Moaña o último día era obrigatorio carrexar loureiro para enterralo, afincalo
e ir estribándolle a broza por todas partes . Logo de quedar firme
pendurábanselle cartuchos de papel cheos de xofre.
A hora de prenderlle lume era todo un ritual. Nunha pequena fogueira a parte
concéntranse tódolos rapaces que traballaron. Dictan normas xerarquizadas
chegando incluso a acaloradas discusións para elixir o "xefe" . Unhas veces era
escollido por méritos de participación, e as máis porque era un verdadeiro
líder.
Chegado o momento prendían os fachos e o "xefe" era o primeiro en lle plantar,
logo, o resto da rapazada secundao respectando a escala xerárquica e outras
veces facíanno de forma desordeada.
Cando o lume toma corpo os loureiros comezan a fumegar e a soar no ar un
agradable e continuo desacorde de estralazos, como se procuraran facer fuxi-los
seres agoreiros.
As labaradas alcanzan e queiman os cartuchos de xofre deixando cair raioliñas de
múltiples cores.!Qué espectáculo!. Nenos e nenas, mozos e mozas, cantaban e
brincaban o redor bébedos pola delicia do resplandor da fogueira e desafiando a
calor que dela se despedia, e que fai recuar aos maiores. Había
quen se sentaba a carón da fogueira para formular un desexo.
A medida que o lume da cacharela vai minguando, avívase con broza da reservada.
No caso de ser moita, sempre se deixaba algunha para a de San Pedro.
Actualmente o loureiro é sustituido por un pau alto ó que se lle pendura un
moneco e vaise a pedir polas casas leña, móveis vellos, caixas de frutas e
cartos para gasolina e petardos. A madeira recollida apíñase ó pau como si fora
un palleiro.
Xa esmorecida a fogueira, os valentes tentaban cruza-los braseiros en carreiras,
chimpos, ou utilizando os taboleiros para non qeimarse.
Antigamente facíase o mesmo, pero co propósito de cura-las aireadas, fuxi-las
bruxas, saca-lo diaño do corpo, curar mal de ollo e como se dicía "Sálvame lume
de San xoan, para que non me trabe cadela nin can".Tamén había quen queimaba
unha peza de roupa persoal para evitar que non fora poseída pola bruxas.
Hoxe, o salta-lo braseiro non deixa de ser un acto de valentia e temeridade.
Xeralmente estas normas estaban arraigadas en expresións espirituais e
curativas.
Tampouco é descartable darlle algún contido gastrónomico. Non se esquenza que
estamos na época da recolleita da pataca e había quen as botaba, sen pelar, nun
recuncho da fogueira. Sen deixarse queimar, os cachelos comíanse quentes. E
tampouco debe esquecerse o refrán popular que di "Polo San Xoán a sardiña pinga
no pan", de millo por suposto, e se ían acompañadas dunhas fechas do viñoo de a
rente a parede, !mellor que mellor.! Logo os cantos, bailes, pandeiretas, gaitas
e acordeóns. A festa estaba servida.
Agora estendeuse o senso gastronómico e é fácil contemplar ós veciños asar
mexilóns, chinchos, sardiñas, chourizos, e inclusive facer unha churrascada.
Para rematar unha queimda.
AS BROMAS.-
A medida que a fogueira se vai extinguindo, a mocedade forma pandillas que saen
a "atracar as calles, para que non pase naide". Recorren barrios e parroquias
entre cantos e berros acompañados polo ruido de tarteiras vellas e outros
cacharros.
0 propio da noite era "andar ás cancelas". Pero tampouco quedaban atrás os
carros, xugos, chalanas, arados, e mesmamente se metían co gando recollido na
corte. Pola maña seguinte era doado ir à adro da parroquia a busca-la cancela
que faltaba do seu sitio.
Non obstante, había gracias con máis retranca e de morbo sospeitoso, que en nada
lle gostaban a aqueles veciños que entre sí non se levaban ben. Pois xa ten
acontecido en Meira de lle troca-los burros das cortes durante a noite.
¿Quén non ten mirado no ríos de Meira, Puntillón ou Fontecán as chalanas
atravesadas para non deixar lavar, atravesar paus nas carreteras, nos camiños.
Os portalóns do Portal do Almacén aparecían case tódolos anos no río da
Martinga, cambiar as placas do veterinario polas dos médicos e practicantes,
colocar carteis con títulos de películas alusivas a persoaxes populares ou a
entidades locais, cagarlle nos cachos das mozas, petar nas portas, intercambia-
los portais dos noivos que ían casar, esconde-las macetas, ir á froita madura
deste tempo como as ameixas, nísperos e peras de San Xoan, e un sinfin de
falcatruadas máis.
Esa noite todo estaba perdoado e isto xa ven de moi atrás, pois consideran os
etnógrafos que se facía como un ritual dos ataques do mal para fomentar o caos e
o desorde.
Hoxe en día, hai bromas que se escapan do senso lúdico e humorístico e tórnanse
en gamberradas de mal gusto, perigosas e costosas que poden provocar accidentes,
incendios e ata causar mortes a animais maltratados.
Quizais falle algo de imaxinación como cando amarraban un burro á cadea do
campanario e lle puñan as hortalizas fora do seu alcance para que ó intentar
comelas fixera repica-las campás durante toda a noite.
OS BAÑOS.-
Farto é sabido da importancia da auga no aseo e limpeza persoal, como xa quedou
refrexado no capitulo do animismo. Pois ben, nesta lúa nova estaban moi
difundidos os baños a partir das doce da noite na auga do mar que, ademáis de
"purgar", ten propiedades preventivas (rica en iodo) e está impregnada por un
senso libidoso de especial influencia nas parellas de noivos, quenes,
ceremoniosamente, acochaban o seu anónimo amorío na escuridade nocturnal coa
complicidade do leve luar.
Non é descartable que os vínculos sexuais incidiran na crencia de que certas
ondas do mar teñan propiedades fecundativas.
Outro dos métodos moañeses para cumplir un desexo era saltar doce maretas ás
doce da noite. Costume moi respetada polas mulleres estériles. Por outra parte,
téñense recollido testemuñas referidas a mulleres que para purificar o sangue
tirábanse ispidas, a volear, sobre comareiros humedecidos polo rocio da noite.
Hai crencias de que o orballo sanxoaneiro serve para preservar da polilia a
roupa de inverno, sempre que se pasara previamente polas herbas húmidas.
AS HERBAS E OS CACHOS.
As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por
Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que
herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo
cacho.
0 cacho consiste en recolier herbas e plantas de eficacia mediciñal e
aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A
tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo,
alonxa as bruxas e cura a envexa.
Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas
as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba
luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán,
espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas,
follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme,
silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa,
hortensia,folla de viña blanca e outras.
Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina,
caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias
cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns
cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai
quen lle votaba chavos.
Na parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e
chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de
colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la
Santa Compaña.
Ó erguerse pda mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a
cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades
pulmonares.
A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples
remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A
ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e
mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces,
cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa,
barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e
resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma.
Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán
limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.
Respecto a esta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:
"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.
DITOS E REFRANS.
Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenômenos
naturais e que a sabiduría humana proverbia, dun xeito categórico a filosofia
popular. Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:
- En san Xoán, as bruxas fuxirán.
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
- Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
- Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
- En san Xoán, cardos dan.
- No san Xoán, peras na man.
- No san Xoán, as peras caen ó chan.
- A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
- No san Xoán, fouciña na man.
- Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
- Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
- Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
- Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
- 0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
- Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
- Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
- En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
- Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
- Polo san Xoán, as nove co día darán.
- Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
- 0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
- Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.
FONTES CONSULTADAS:
"Etnografia Galega," Xesús Taboada Chivite. Editorial Galaxia. "Os cubos astrais en Gaiicia" Femando Alonso
Romero. Brigantium III. Museo Arqueolóxico de A Coruña. "San Xoán". Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada
Editor. Arquivo da Agrupaci6n Cultural "NOS". Alumnos de Galego de 72 e 82 de EXB de Reibón.
Xosé C. Víllaverde Román. Xuño 1991
No hay comentarios:
Publicar un comentario