jueves, 3 de enero de 2013

Obras públicas e patrimonio: estudo arqueolóxico do corredor do Morrazo




O obxectivo principal desta publicación é o de contribuír á difusión dos resultados dos traballos arqueolóxicos realizados para correxir o impacto arqueolóxico xerado pola construción do Corredor do Morrazo e á divulgación dos avances que eles aportan para o mellor coñecemento da historia e prehistoria de Galicia, tanto entre o público especializado como entre a sociedade en xeral, comezando polas comunidades nas que se atopan os restos arqueolóxicos. A Península do Morrazo caracterízase por posuír un rico Patrimonio Arqueolóxico. Esta circunstancia implicou que, por precaución, e antes de comezar as obras, o 35% do trazado (aproximadamente 7 km dos 21 Km) estivesen cautelados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, o que supuña que non se podía traballar neles antes do correspondente estudo e/ou actuación arqueolóxica. // Presentación do Proxecto (Felipe Criado) // Plantexamentos e Metodoloxía: Precedentes: a Avaliación do Impacto Arqueolóxico e as resolucións da Declaración de Impacto Ambiental (Elena Cabrejas et al.); Historial do proxecto (Felipe Criado et al.); A Corrección de Impacto (Xesús Amado Reino et al.); O Seguimento arqueolóxico (Elena Cabrejas et al.) // Os Resultados: as principais intervencións: Neolítico Inicial / Medio: O Regueiriño (Elena Lima Olivera); Neolítico Final: Montenegro (Camila Gianotti et al.); Calcolítico: Monte dos Remedios (Andrés Bonilla Rodríguez et al.); Neolítico Final / Idade do Bronce: Os Laguiños (Patricia Mañana Borrazás et al.); Idade do Bronce: Devesa de Abaixo – Os Torradoiros (Pablo Vázquez Liz); Petroglifos: Viveiro, Devesa do Rei e Gondarán (Yolanda Seoane Veiga et al.); Cultura Castrexa: Castro de Montealegre (Roberto Aboal et al.); Romanidade tardía: O Redolliño (Roberto Aboal et al.) // O Coñecemento: a significación de Morrazo na Prehistoria: O modelo de formación dun xacemento arqueolóxico (Felipe Criado et al.); De conxuntos materiais a poboados: patróns de asentamento en O Morrazo durante a Prehistoria Recente (Fidel Méndez Fernández et al.); Arte Rupestre na Península do Morrazo (Manuel Santos); Os territorios prehistóricos do entorno das Rías de Pontevedra e Vigo (Felipe Criado); A Cultura material dos xacementos de Montenegro, A Devesa de Abaixo e O Regueiriño. (Pilar Prieto Martínez et al.)





http://hdl.handle.net/10261/6217
http://digital.csic.es/bitstream/10261/6217/1/TAPA35.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario