martes, 26 de febrero de 2013

Grupo escolar de Quintela, 100 anos




O edificio onde actualmente está ubicada a biblioteca municipal e a Escola de música tradicional cumpre 100 anos. Durante máis de 70 foi o “Grupo escolar” de Quintela. As obras comezaron en 1912, ano do afundimento do Titanic e do asasinato de Canalejas,
Pero antes de falar do colexio haberá que referirse brevemente á situación da educación en Moaña na 2ª metade do s. XIX. Naquel entón os concellos estaban obrigados a instalar e manter as escolas públicas. Os locais, normalmente baixos de casas alugados polos concello con vivenda de mestre incluída, eran inadecuados, frecuentemente mal iluminados, mal equipados, faltos de hixiene, ó cargo de mestres pouco capacitados -e peor pagados polos concellos-, con sistemas pedagóxicos anticuados e un gran absentismo escolar

Acta de inspección do ano 1867

Escuela publica elemental completa de niñas de Moaña

Maestra: Francisca Checa y Núñez (34 anos)
Número de almas: 2376
Materias: Doctrina cristiana / Catecismo por el padre Astete
               Historia sagrada / Fleury
               Lectura / El amigo de los niños, del Abate Sabatier
               Escritura / Sistema Iturzaeta
               Aritmética /Rueda
               Costura, calceta y bordado

Nº alumnos: 84 nenas.
                    82 de 6 a 9 anos
                      2 maiores de 10



Asistencia diaria: 30 nenas

Ninguna paga retribución porque se incluyen en el presupuesto municipal, si bien es una mezquina cantidad

Sistema de enseñanza: Simultáneo
Premios/Castigos: Premios: puestos preferentes
                               Castigos: detenciones en clase

Nota da inspeccción: Que desde hoy se considere el hilado en rueca como una clase de enseñanza muy útil a la que mañana ha de ser ama de casa





A verdade é que a principios de século había conciencia do pésimo estado da educación en España e todo o mundo estaba de acordo coa a idea de que a educación era unha ferramente útil para o desenvolvemento económico e social do país. Coa finalidade de poñer remedio a estes males, a administración central comezou a asumir  un papel cada vez máis importante na planificación e xestión da educación, que ata entón estaba en mans dos concellos Así en 1900 creouse o Ministerio de Instrucción Pública, e en 1904 o Negociado de Arquitectura Escolar, que seria o encargado de impulsar a construcción de novos centros escolares  por toda España, e o Grupo escolar de Quintela foi un deles

En relación con estas novas escolas habia duas preocupacións naquel momento: en 1º lugar os centros escolares sería edificios específicos que debían reunir unhas condicións técnicas e hixiénicas adecuados para que se impartira neles a instrucción pública; en segundo lugar debían estar adaptados para que se implantara neles un novo sistema pedagóxico, o ensino graduado




As condicións tecnicas e hixiénicas  que en diante deberían contemplar os novos edificios escolares publicaronese  no R. D. de 1905:  sitio apartado do núcleo, saudable en plena natureza e ben orientado, aulas amplas e de altos teitos, con grandes ventanais que permitiran unha boa iluminación e ventilación, patio de recreo, e sobre todo, retretes, urinarios, lavamáns en nº proporcional ó nº de alumnos.

Para animar ós concellos á súa construcción, estableceuse unha política de subvencións POÑENDO a sua DISPOSICIÓN, ADEMAIS, VARIOS MODELOS DE ESCOLA que redactou un arquitecto chamado Luis Domingo de Rute

O concello de Moaña escolleu un destes modelos.: Grupo escolar para 60 niños y 60 niñas e encargoulle e proxecto constructivo a D. Siro Montenegro, arquitecto provincial

Ainda que estaba previsto construilo en pedra, para aforrar, finalmente optouse polo ladrillo. O “Grupo” é coma unha gran caixa e ten unha apariencia sobria, dentro esconde duas naves simétricas de 21 metros de longo, separadas por un patio central. En cada unha das naves había cadansúa aula, unha para nenas e otra para nenos. A decoración da fachada redúcese a uns pilares adosados ós muros exteriores que  percorren todo o edificio e que cumpren a doble función constructiva e decorativa, e a unhas molduras e un frontispicio coroado por un cataventos que a día de hoxe funciona perfectamente

Pero fóra do seu interese estético, que é escaso, “o Grupo de Quintela” é un exemplo dunha das primeiras arquitecturas escolares que se planificou en España e é ademais un dos primeiros edificios de uso civil que se construiu en Moaña.

 E foi todo un acontecemento. Nunha acta dun pleno do concello na que se laiaba de non ter cartas nin para amoblalo, dicíase que “era o máis bonito da provincia”. Si vemos as fotos de Pacheco tomadas en 1914 aparece como o edificio máis grande de Moaña.

Pero ó final foi unha illa, un espellismo: o centro modelo, construido atendendo ás prescripcions técnicas e hixiénicas máis avanzadas do momento, colapsou. Ó pouco de ser inaugurado a matrícula de alumnos sobrepasaba a capacidade do centro, as relucientes tazas de váter e urinarios non daban abasto, os vellos aínda recordan a pestilencia que emanaba das veigas de millo dos arredores. O sistema e método pedagóxico seguiu sendo o tradicional, o unitario e simultáneo, os premios e os castigos non moi diferentes ós do século XIX Cecais por iso os cristais das enormes ventás aparecían esnaquizados a pedradas e o centro pronto adquiriu un aspecto carcelario coas ventás enreixadas e alambradas A construción do colexio non cambiou demasiado as cousas. Naquel entón en Moaña había preto de 3000 nenos de 0  a 15 anos, un centro calculado para 120 alumnos era unha anécdota

No hay comentarios:

Publicar un comentario